RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku e o fabrilista David Sánchez, novidades na lista do Deportivo para visitar mañá ao Sporting de Gijón

Ademais do fabrilista David Sánchez, Gaku é a principal novidade na lista de 18 xogadores de Juan Antonio Anquela para visitar mañá domingo 15 de setembro ao Sporting de Gijón no Molinón (21:00 horas, Gol).

O futbolista internacional, que chegou o pasado xoves á Coruña após o seu paso pola selección, perdeuse por este motivo o encontro do pasado sábado ante  o Albacete Balompé en ABANCA-RIAZOR.

Quedan fóra da convocatoria por lesión: Somma, Borja Valle, Nolaskoain e Samuele Longo.

Esta mañá, após un quecemento con rondos, os futbolistas branquiazuis realizaron un exercicio de remates a portería, un partido a metade de campo, en espazo reducido, e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.

Ademais do citado David Sánchez, os fabrilistas Boian, Gandoy, Mujaid e Valín estiveron esta mañá tamén ás ordes de Juan Antonio Anquela.

Os 18 convocados viaxan esta tarde a Xixón, segundo este plan de viaxe:

Sábado 14 de setembro
17:00: Saída en autocar a Xixón
20:00 (hora aproximada): Chegada ao hotel Silken Cidade de Xixón

Domingo 15 de setembro
21:00: Sporting de Gijón - Deportivo, no Molinón
Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña