RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku, Lampropoulos e Koné adestráronse esta tarde co grupo en ABANCA-RIAZOR

Os dous últimos internacionais en regresar á Coruña tralo seu paso polas seleccións, Gaku e Lampropoulos, adestráronse esta tarde co Deportivo en ABANCA-RIAZOR.

O internacional xaponés regresou con 2 partidos completos con Xapón e unha viaxe de 9.000 quilómetros desde Tadxiquistán.

Lampropoulos, por contra, foi suplente con Grecia nos seus 2 choques, ante Italia e Bosnia Herzegovina.

Esta tarde tamén completou a sesión Koné, na recta final da súa recuperación dunha escordadura de nocello que o tivo fóra varios partidos.

Somma, David Simón e Luis Ruiz continuaron co seu plan específico de recuperación á marxe do equipo.

Cos fabrilistas Valín, Gandoy, Mujaid, Boian e Bourdal, Luis César realizou, após un quecemento, varios exercicios tácticos e un partido 11 contra 11 para concluír.

Mañá venres, o cadro regresa a Abegondo para un adestramento que comezará ás 10:30 horas.