RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku pide aos alumnos da Escola RC Deportivo que se esforcen en conseguir os seus soños

Gaku Shibasaki clausurou esta tarde o mes de febreiro na Escola RC Deportivo, nun acto que tivo lugar nas instalacións de PadelPlus en Alvedro.

O internacional xaponés foi recibido con entusiasmo e aplausos por ao redor de 50 alumnos procedentes das 3 quendas da semana da Escola RC Deportivo.

O centrocampista branquiazul esforzouse por dirixirse aos nenos e nenas en castelán; e pediulles que se esforcen moito en conseguir os seus soños. 

Gaku explicou ademais que 'arigato' é unha palabra xaponesa que quere dicir grazas; e díxolles: "arigato por convidarme a vir aquí a estar convosco".

Unha foto de familia e a habitual firma de autógrafos en postais, camisetas e botíns puxeron o punto e final a este sinxelo acto co que se clausura o mes de febreiro.

Aínda é posible inscribirse para sumarse no mes de marzo aos adestramentos dun novo mes da Escola RC Deportivo. Na nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios e información personalizada do alumno é posible completar todo o proceso de inscrición en todas as quendas e horarios.

A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo. Esta temporada a sede principal trasladouse ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): ¿Como chegar?

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.