RCD / NOVAS

Gaku, que volve a Tenerife, novidade na lista para o partido no Heliodoro

29/06/2020 13:51

Gaku Shibasaki, que regresa mañá martes 30 de xuño (19:30, hora peninsular, GOL) ao Heliodoro Rodríguez López, onde xogou a temporada 2016-17, é a novidade na lista de 23 xogadores para visitar ao CD Tenerife. O internacional xaponés viu o choque en ABANCA-RIAZOR ante a SD Ponferradina desde a bancada, por sanción.

Caen da convocatoria de maneira forzosa os 'tocados' Nolaskoain e Keko Gontán; ademais de Montero, sancionado. Do polivalente futbolista vasco referiuse Fernando Vázquez en rolda de prensa: "Esperemos que poida chegar para o partido ante a SD Huesca. Segue con problemas".

No adestramento desta mañá, após un quecemento con xogos e rondos, Fernando Vázquez dispuxo dunha tarefa de posesión e un exercicio de remates a portería para concluír.

O equipo viaxa esta tarde en voo directo desde o Aeroporto da Coruña a Santa Cruz de Tenerife e regresa o mércores 2 de xullo tamén en voo directo ao aeródromo coruñés.

Fernando Vázquez citou aos seus futbolistas de novo en Abegondo o xoves 2 de xullo ás 11:00 horas para comezar a preparar a seguinte cita ligueira.

RCD / AXENDA

08 XUL

Mércores 19:30 La Rosaleda

Partido

Xornada39 Málaga CF - RC Deportivo

10 XUL

Venres 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 1-2-3

12 XUL

Domingo 17:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada40 RC Deportivo - Extremadura UD

17 XUL

Venres Estadio Municipal de Anduva

Partido

Xornada41 CD Mirandés - RC Deportivo

20 XUL

Luns Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada42 RC Deportivo - CF Fuenlabrada