RCD / NOVAS

Gaku Shibasaki, citado para dous partidos con Xapón este mes de setembro

30/08/2019 18:39

Gaku Shibasaki foi convocado pola selección de Xapón para dous partidos internacionais este mes de setembro.

A selección nipoa mídese en primeiro lugar nun amigable a Paraguai o xoves 5 de setembro (19:20, hora local), coa Kirin Challenge Cup en xogo. O choque disputarase no Kashima Soccer Stadium. 

E o martes 10, Xapón visita a Myanmar [Birmania] (18:50 hora local, Thuwunna Stadium de Rangún), con motivo da segunda rolda de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia China 2023.

Así pois, o centrocampista branquiazul pérdese o partido de liga ante o Albacete, previsto para o sábado 7 de setembro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas).

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI