RCD / NOVAS

Gaku Shibasaki, convocado por Xapón para dous partidos neste mes de novembro

06/11/2019 13:55

Gaku Shibasaki foi convocado para dous partidos coa selección de Xapón neste mes de novembro.

O combinado nipón visita a Kirguizistán o xoves 14 no Estadio Dolen Omurzakov (17:15 hora local, 12:15 en España) da capital Bishkek. O choque é clasificatorio para o Mundial 2022 de Qatar e a Copa de Asia 2023 de China.

Así mesmo, o martes 19, Xapón recibe a Venezuela nun encontro amigable que se xogará no Panasonic Stadium da cidade de Suita, ás 19:25 horas (11:25 en España).

Así pois, Gaku será baixa obrigada para medirse co Dépor ao UD Extremadura, en partido correspondente á 16ª xornada prevista para o sábado 16 de novembro no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo (16:00 horas, Movistar LaLiga).

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI