RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gandoy: "É un bo punto contra un gran equipo"

O futbolista coruñés Yago Gandoy atendeu aos medios de comunicación na zona mixta de Pasarón.

Confesa que "nos imos un pouco amolados, con ese mal sabor de boca porque o tiñamos encarrilado. Adiantarámonos e faltaba pouco. Marcáronnos ese gol faltando poucos minutos. Tentamos darlle o volta pero xa non quedaba tempo. O partido queda en empate. Creo que é un punto positivo contra un gran equipo e a seguir".

Cualifica como "experiencia positiva" a súa titularidade en Pontevedra. "Oxalá se poida repetir máis, as sensacións son boas. Foi un partido moi competido no que houbo que traballar moito. Ímonos un pouco amolados pero é un bo punto contra un gran equipo".

Gandoy admite que a faceta ofensiva "é a nosa materia pendente. Temos que mellorala un pouco. Pero imos aos poucos. O campo tampouco estaba tan practicable e é un gran equipo o Pontevedra. Púxonos as cousas difíciles".

Destaca desta xornada sobre todo que "non perdemos. O Pontevedra era o noso próximo perseguidor. Mantemos a distancia con eles e para a semana hai que facer bo este punto".