RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado, Coloccini e Aouate, tamén citados as súas seleccións

Os deportivistas Andrés Gardado, Dudu Aouate e Fabricio Coloccini foron convocados para dous partidos coas súas respectivas seleccións, México, Israel e Arxentina.

Así, México medirase en dous amigables a Nixeria en Cidade Juárez (México) o vindeiro domingo 14 de outubro e a Guatemala o mércores 17 de outubro en Los Ángeles (Estados Unidos). O futbolista terá que incorporarse o luns 8 de outubro, tras o partido do Deportivo en Sevilla.

           Pola súa banda, Israel, con Dudu Aouate como unha das súas estrelas, enfrontarase o sábado 13 de outubro a Croacia en partido clasificatorio para a Eurocopa de 2008 e a Bielorrusia o míercoles 17 en Israel nun choque amigable.

           Esta mañá, o Real Club Deportivo tamén recibiu a citación de Coloccini para o combinado arxentino, que se medirá a Chile en Buenos Aires o vindeiro sábado 13 de outubro en Buenos Aires e a Venezuela en Maracaibo o martes 16 de outubro. Ambos os encontros son clasificatorios para o Mundial 2010 de Sudáfrica.