RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado e Stopira xogan mañá sábado partidos coas súas Seleccións Nacionais

Andrés Gardado mídese mañana sábado 26 de marzo co seu Selección, México, a Paraguai en Oakland (California). Non será éste o único partido para o centrocampista branquiazul, posto que o martes 29 de

O outro xogador do Club con partido internacional mañá sábado é Stopira, que disputará con Cabo Verde, en Praia, un partido oficial ante Guinea Ecuatorial pertencente á terceira xornada do Torneo de Clasificación para a Copa de África 2012.

O luns 28 de marzo, Adrián disputará coa Selección Española Sub-21 un partido ante Bielorrusia en Alcalá de Henares (Madrid). Para este choque tamén fora convocado Rubén Pérez, que caeu finalmente da convocatoria debido á súa elongación nos isquiotibiais.

Por fin, Martin Büchel foi citado pola súa Selección Nacional, Liechtenstein, para un partido clasificatorio para a Eurocopa 2012 ante a República Checa en Budweis, o martes 29 de marzo ás 17.30 horas. Ata a data, Martin suma 31 partidos coa camiseta do seu equipo nacional.