RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado incorpórase ao adestramento con todo o grupo

Andrés Gardado foi a nota positiva no adestramento desta mañana no Mundo do Fútbol. O internacional mexicano se incorporó con total normalidade á sesión de hoxe, primeira para preparar a visita do Real Madrid á Coru&ntil

Están á marxe do grupo Cristian e Munúa. O dianteiro asturiano Adrián, ao finalizar a sesión, recibiu un balonazo e volveu magoarse no seu nocello esquerdo, que acababa de recuperar dunha escordadura. Faltou á sesión Taborda, con permiso do corpo técnico.

Esta mañá o traballo foi máis suave para os xogadores que foron titulares en Mestalla e que moitos deles suman moitos minutos no que vai de Liga: Manuel Pablo, Lopo, Coloccini, Pablo Amo, Filipe, De Guzman, Sergio, Lafita, Wilhelmsson e Xisco. Sobre o céspede fixeron estiramentos, exercicio de resistencia, fut-voley e, xa no vestiario, ximnasio.

Os demais membros do persoal realizaron un intenso circuíto físicio que finalizou con dúas pachangas, con e sen porteiros, a campo reducido.

Mañá mércores o equipo exercitarase ás 10.30 en Abegondo e ás 17.30 en Riazor a porta pechada. Xoves e venres o adestramento será matinal, á hora habitual, no Mundo do Fútbol.