RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Gardado traballou hoxe en Abegondo, e continúa o programa previsto

Andrés Gardado culminou un microciclo (5 días) de concentración no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, realizando adestramentos e técnicas terapéuticas, para conseguir que a cicatriz responda adecuadamente aos mesmo

Hoxe sábado, a evolución do xogador foi valorada polo Dr. Rafael Arriaza, xunto a outros membros do Club (Médicos, Fisioterapeutas, Readaptador). Mantense o obxectivo de que, para superar os límites que lle viñeron impedindo a súa continuidade na competición, e como xa se anunciou (30/01/2011): “deberase de completar, sen riscos, a súa progresiva incorporación aos adestramentos“.  O previsto para os próximos días é que o xogador complete na Coruña un microciclo de 3-4 días, para despois desprazarse ao C.A.R. de Sant Cugat outros 3-4 días, para seguir traballando co  readaptador físico do Club (Pablo López), e co fisioterapeuta M. A. Cos, colaborador do Club desde 1999.