RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''a columna vertebral xa a temos e si que faltan tres ou catro xogadores''

  Gaizka Garitano compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Valoró o sorteo do calendario, advirtió que podría chegar algún futbolista durante este fin de seman

A súa rolda de prensa arrincou co tema do calendario, recentemente acabado de sortear, e co Eibar, un dos seus ex equipos, como primeiro rival en Riazor: "Ao final tes que xogar contra todos os rivais. A min persoalmente dáme igual quen me toque ao principio ou ao final. Tes que xogar contra todos", opina o técnico deportivista.

Recoñece iso si que medirse ao Eibar será diferente: "Ao final estiven 11 anos alí entre unha cousa e outra. Sempre é especial. O máis importante que son tres puntos en xogo e trataremos de empezar ben a liga gañando".
 
Neste sentido, resalta que "todo o que vaias sumando ao principio... e é o caso do Dépor o ano pasado, que fixo unha extraordinaria primeira volta que lle deu para aguantar ata o final sumando moi pouquiño na segunda volta. O ter uns bos comezos de tempada é moi importante para afianzar o grupo, para ter esa confianza que che permite seguir e para ter puntuación".
 
Subliña que "nunca sabes contra quen é mellor xogar ao principio ou ao final. Dáme absolutamente igual xogar o primeiro en casa, fóra. Non lle dou ningunha importancia. Trataremos de estudar ben aos rivais cos que xogamos ao principio".
 
En canto á configuración do seu persoal, confesou que "esta semana podería haber algunha incorporación. A semana que vén algunha outra. Tentaremos deixar o persoal pechado antes de que empece a tempada, ou que quede un xogador soamente para a última ficha. A columna vertebral polo menos xa a temos e si que faltan tres ou catro xogadores".
 
Móstrase tranquilo tanto no que se refire a entradas como a saídas: "Estamos en prazos, dentro do normal. Faltan xogadores pero nestas datas é normal que falten algúns e que aínda haxa xente que non contamos con ela e que teña que saír. Nese aspecto imos nun ritmo normal de Primeira División".
 
Confesou que había futbolistas que "xa saben que non se conta con eles. Outros depende do que entre, do que salga, e sobre todo do seu rendemento". "No caso de Luís Fernández e Bicho eles xa saben que non se conta con eles. Están a buscar saída. O caso de Borja Vale é diferente. Está a adestrar con normalidade. Xa se tomará unha decisión. Está a adestrar como uno máis e fenomenal ademais", puntualiza Garitano.
 
Finalmente mostrouse moi contento acerca de Lucas: "Véxoo fenomenal. É un rapaz que transmite alegría, pórtase moi ben cos rapaces novos. É un exemplo en canto a traballo. É un rapaz que encima dá alegría, falador e á vez traballador. Estamos moi contentos con el". "Son optimista en que quede, e á vez quero que quede", engade.