RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Ademais de xogar ben, é un partido no que tes que competir"

Gaizka Garitano compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Subliñou sobre o partido de mañá sábado (20.45 horas, Bein Sports) ante o Real Madrid que "vimos equipos como Sporting, Eibar, Vilarreal que conseguiron empatar ou estiveron preto. Podemos conseguilo nós. É verdade que hai outros que saen goleados". "Se facemos as cousas ben e se ve un bo Dépor, podemos estar no partido e ter posibilidades", engade.

Insiste o técnico deportivista que máis que pensar no Real Madrid, "temos que pensar en facer nós as cousas ben. A ilusión que temos é ver un bo Dépor no Bernabéu. Que sexamos competitivos".

Nesta liña, apunta que o de mañá "é un partido no que ademais de xogar ben tes que competir. O día do Atlético de Madrid o equipo foi competitivo. Ademais de xogar ao fútbol tes que ser competitivo, porque se non podes perder nun córner, nunha xogada a balón parado".

Confirma que a base do equipo que inicie o encontro será a mesma que a do pasado luns ante a Real Sociedade, aínda que deixou aberta a posibilidade de que haxa algún cambio: "A idea non variará demasiado e quizais algún nome que podamos cambiar en base a que xogamos no Bernabéu e necesitamos un tipo de partido que non vai ser o mesmo que o do luns pasado".