RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano deixa claro que "mañá é un partido de gañar ou gañar"

Gaizka Garitano manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o partido de mañá luns 5 de decembro ante a Real Sociedad (20.45, Gol TV) é "un partido de gañar ou gañar. A medida que se suman as semanas sen gañar, cada vez os partidos son máis importantes. Os tres puntos téñense que quedar na casa. Con esta mentalidade traballamos e con esta mentalidade imos mañá ao partido".

Subliña que "nós agora somos un equipo necesitado de vitorias. Mañá xogamos ante a nosa afección. Vémolo como unha gran oportunidade e imos ver se saen as cousas ben".

Vaticina algún cambio respecto ao encontro ligueiro do pasado sábado en Málaga: "Recuperamos a un par de xogadores. Igual algún cambio pode haber".

Do rival, a Real Sociedad, Garitano asegura que "para min é o mellor equipo do campionato. O mellor. O que mellor xoga a fútbol, o que mellor estado de forma está. Para min o mellor equipo".

Defíneo como "un equipo que normalmente ten máis posesión que todos os seus rivais. É un equipo moi bo con moito nivel con balón, con excelentes futbolistas. E cun nivel de confianza altísimo porque encima de que xogan ben, os resultados están a acompañarlles".

Por este motivo, advirte o adestrador branquiazul que "temos que estar preparados para facer unha boa fase sen balón cando nos toque. Temos que saber defender ben tamén".