RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano desexa ''facer de Riazor un fortín''

  Gaizka Garitano manifestó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que o parón ligueiro sirvió "sobre todo para adestrar. A semana pasada tivemos sesións fortes de adestramento, un partido amigable. Esta s

Confesou sobre o Athletic estar "eternamente agradecido porque levo desde os 12 anos alí na canteira. A eles débolles moitísimo pola formación como futbolista e como persoa". Por este motivo, apunta que enfrontarse ao conxunto bilbaíno "sempre é especial".
 
A pesar de que chega o conxunto de Enrique Valverde con cero puntos na marcadora, apunta Garitano que "por necesidade temos que igualarlles ou superarlles a eles. O Athletic xa empezou así varios anos e acaba en Champions ou en Uefa case todos os anos. Van dúas xornadas e xogaron contra o Barcelona tamén".
 
Sostén o técnico deportivista que "para nós é un partido tan importante ou máis que para eles".
 
É máis, confesa Garitano que desexa "facer de Riazor un fortín, aínda que logo si é verdade que os partidos fóra de casa valen o mesmo. Pero en casa normalmente sempre sumas máis puntos e tes a túa afección a favor. O que queremos é gañar o tres puntos e que o domingo teñamos 7 puntos".
 
Sobre o conxunto vasco, cre que é "un dos mellores equipos da liga. É un equipo moi forte. Para nós é unha boa pedra de toque para medir as nosas posibilidades".