RCD / NOVAS

Garitano: "Empatamos nun campo moi difícil, no que ninguén gañou"

21/01/2017 00:15

Gaizka Garitano manifestou na rolda de prensa posterior ao encontro desta noite no Estadio de Gran Canaria que "entramos mal ao partido, durmidos. Fixemos o primeiro cuarto de hora moi malo e logo fomos aos poucos mellorando. No segundo tempo estivemos mellor".

O adestrador deportivista cre que ao final "o empate é xusto". "Fomos de menos a máis. Entramos durmidos e cun primeiro cuarto de hora moi malo. Daquela o equipo foi mellor", apuntou.

Confía Garitano nos próximos días en recuperar xente lesionada (Carles Gil, Bruno Gama...), "sumar xente de ataque para que non teñamos que facer un dobre lateral, ou para que non teña que xogar Emre (Çolak) escorado á dereita, ou Joselu á dereita. Ao final necesitamos recuperar á xente".

En resumo, "empatamos nun campo moi difícil, no que ninguén gañou. Imos con ese puntiño que nos fai acabar a primeira volta con 19", engadiu.

Máis novas de: GAIZKA GARITANO