RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: Fixemos un gran traballo e non tivemos premio unha vez máis

Gaizka Garitano manifestou na sala de prensa do Estadio Santiago Bernabéu que o Deportivo "fixo un gran traballo e non tivemos premio unha vez máis".

Preguntado sobre Joselu, o gran protagonista do Dépor, indicou que "estivo tres meses lesionado e aos poucos ímoslle dando minutos. Para nós é un xogador importante e querémolo ter ben canto antes".

Definiu o partido como "bonito, disputado. O que pasa é que para gañar no Bernabéu téñense que dar moitas circunstancias. A balón parado é o mellor equipo do mundo, o que máis potencial ten".