RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''Ímonos cunha derrota inmerecida''

  O técnico do RC Deportivo, Gaizka Garitano, lamentó a ''noite moi mala'' que vivió o seu equipo después de sufrir ''unha derrota inmerecida'' e de perder por lesión a '&

Garitano mostrouse visiblemente contrariado na súa comparecencia na sala de prensa. ''Foi unha noite moi mala en todos os aspectos. Ímonos cunha derrota inmerecida e con dous xogadores importantes para nós lesionados'', analizou.

Sobre o desenvolvemento do encontro, destacou a efectividade do persoal branquivermello. ''Eles teñen grandes xogadores e fixeron un golazo, ía dicir que na súa única ocasión clara, pero é que nin ocasión foi'', afirmou.
 
A pesar do seu desgusto inicial, o preparador deportivista recoñeceu o bo facer dos seus pupilos. ''Xogamos ben a intres bastante longos. Fixemos un gol legal e o mellor partido do tres. Quedo con iso que é moito, que xogamos ben'', destacou sobre o xogo do equipo, que ''tivo todo o que pode ter un equipo. Se o equipo dá a cara como a deu hoxe, estou contento niso''.
 
 
Pola súa banda, Ernesto Valverde, adestrador do Athletic, mostrou a súa enorme satisfacción pola vitoria do seu equipo. ''Estamos moi, moi contentos'', sentenciou.
 
''Cando tentamos levar o peso do partido outras veces e sorpréndennos á contra e gáñannos, e encima temos que aguantar que estamos moi mal… Hoxe foi un partido no que os máis importante para nós era sumar, porque estabamos últimos na clasificación. Así que estamos, moi, moi contentos'', resumiu o técnico branquivermello.
 
Sobre o xogo despregado polo Dépor, afirmou que ''eles, salvo o pulo, tampouco nos fixeron ocasións moi claras''.