RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''imos apertar todos para levar ao Dépor o máis arriba posible''

  Gaizka Garitano foi presentado esta mañana na sala de prensa do Estadio de Riazor como novo adestrador do RC Deportivo para a próxima tempada 2016-17. Acompañó ao novo técnico deportivista, na súa posta de

"Darlle a benvida á cidade, ao Club e desexarlle unha feliz estancia entre nós. Esperemos que máis longa, bastante máis longa que o que marca este primeiro contrato", manifestou Tino Fernández para iniciar o acto.
 
Asegura o Presidente deportivista que Gaizka Garitano "é a opción máis vantaxosa para o Deportivo neste momento. Temos unha ilusión moi alta e confianza no éxito deste novo proxecto".
 
Felicitou a Richard Barral polo seu traballo, "moi ben exposto e en profundidade, con tempo. Nós non entendemos que tiñamos présa. Este é o mellor momento para facer análise en profundidade. Tamén dar as grazas a todas as persoas (axentes e adestradores) cos que nos relacionamos nestas datas".
 
Tino Fernández desvelou que "á parte do estilo de xogo, que o propio Gaizka definiu, buscabamos unha persoa de Club. A pesar de que o contrato é dun ano, facer unha relación de longo percorrido, que é o mellor indicador de que as cousas van ben. Buscabamos un home de Club que vén a un Club case familiar dalgunha maneira. Que pense na canteira para o futuro. Que se de conta que non somos o Barcelona pero si necesitaremos ese xogo intenso, ese xogo de estar encima, non renunciar a competir ningún día, porque todos os días pódese gañar".
 
Engade ademais como factores para a elección do adestrador vasco "o manexo de grupos, o que opinaron moitas persoas que coñecen a Gaizka, que estiveron con el, que foron os seus xogadores. Fixemos unha análise multifactorial. Todos eses factores levaron a Richard Barral a polo en primeira posición. Nós apoiámolo e compartimos a visión que nos deu Richard". "Para nós era a mellor opción e afortunadamente conseguimos pechala e que hoxe poida estar aquí connosco", concluíu Tino Fernández.
 
Nas súas primeiras palabras como adestrador branquiazul, Garitano quixo "dar as grazas ao Deportivo por esta oportunidade. A verdade é que estou moi contento, moi ilusionado e moi agradecido de estar nesta cidade, nun gran Club como é o Deportivo. Espero que isto sexa o comezo dunha boa época e de éxitos dentro do Club".
 
Sobre a configuración do persoal, lembra Garitano que "o Club leva traballando desde hai tempo, e agora coa miña incorporación traballaremos todos xuntos buscando o mellor. A todos gustaríanos que os xogadores máis importantes do Dépor queden. Sería moi importante para este novo proxecto. E os que veñan que nos axuden a crecer".
 
Sobre os obxectivos, explica que "non creo moito nos obxectivos a longo prazo. O maior obxectivo é estar preparados o primeiro día, cando empece a liga o día 21, tentar gañar ese partido e semanalmente ir crecendo. Todos sabedes que continuar na Primeira División é fundamental para este Club e a partir de aí non hai que renunciar a nada".
 
Confesa que "son dos que creo en que cando chegas a un sitio tes que ver o que tes, non podes xogar igual cun equipo que con outro. Tes que valorar os futbolistas que tes e a partir de aí deseñar un plan, preparalo e levalo a cabo".
 
É partidario de equipos "intensos, que presionan arriba máis que esperar atrás. Gústanme as transicións rápidas, traballar moito o balón parado. Ao final a todos gústanos xogar como o Barcelona. Xogando ben é a mellor maneira de gañar partidos. Non sempre se pode. Sobre todo ser un equipo valente, que non teña medo e que xogue ben ao fútbol".
 
Sostén que "o traballo colectivo é o que nos leva ao éxito. Trátase de facer un traballo colectivo cada un desde a súa parcela".
 
Do seu equipo de colaboradores (Patxi Ferreira e José Luís Ribeira xa confirmados) , Garitano veos como "bos profesionais, amigos tamén, que é importante. Todos xuntos tentaremos levar adiante o proxecto. Si é verdade que  a José Luís Ribeira xa lle coñecedes porque estivo aquí en varias etapas. Son boa xente sobre todo, que é o importante. Xente traballadora, xente humilde e imos apertar todos para levar ao Dépor o máis arriba posible. Ao final estar rodeado de boas persoas, ademais de grandes profesionais, é importante para o adestrador".
 
Apunta que "a min non me gustan os persoais excesivamente longos, pero todo depende de cadrar o persoal dentro das necesidades económicas. En canto á canteira, encántame seguila. Xa sei a situación do filial, que xoga este domingo en Navalcarnero para pasar a segunda rolda da Fase de Ascenso. Estaremos pendentes. Coñeceremos a todos os rapaces. A min encántame. Gústame traballar coa canteira, coñecela sobre todo".
 
Ve "ben" a súa fichaxe por unha tempada: "Un adestrador tamén ten que demostrar a súa valía. Oxalá poida estar aquí moito tempo. Non me importa que sexa un ano. Véxoo lóxico. Todos temos que demostrar día a día a nosa valía e para min iso é positivo, un reto".
 
Finalmente, aventurou o inicio da pretemporada para o primeiro equipo ao próximo 7 de xullo, "aínda que falta por ratificalo".
 
Un pousado para os medios gráficos no mesmo céspede do Estadio de Riazor puxo fin ao primeiro día de Gaizka Garitano na que é a súa nova casa.