RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''levamos un tempo sen gañar e para nós o partido é moi importante''

  Gaizka Garitano reconoció esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "sí é verdade que non estamos a facer goles e todos (os xogadores) queren facer gol, porque queren quitarse iso de encima. O tres goles fixéro

Apunta sobre a ausencia de triunfos nas últimas xornadas que "hai cousas que non fixemos ben. Eu valoro as cousas que fixemos ben, e foron bastantes. O primeiro tempo do Leganés estivo moi ben, o outro día once contra once o partido estivese vivo ata o final".

Insiste en que o pasado domingo no Vicente Calderón, "calquera equipo da liga entre os dez últimos houbese perdido cinco ou seis cero. Nós soubemos manter o partido vivo ata o final. O equipo traballa ben, fai cousas ben, pero todos vedes que temos bastantes dificultades no último terzo para ganduxar as xogadas ou para acabalas con máis brillantez. Pero iso é cuestión de tempo, de traballo".
 
Por iso, Garitano pide mañá sábado 1 de outubro ante o Sporting de Xixón en Riazor (20.45, Bein Sports), "tentar levar a iniciativa, xerar, e cantas máis ocasións de gol xeres máis preto estás de facer gol".
 
Cualifica o encontro como "vital para nós. Todos sabemos a importancia que ten. Teremos que saber xogar o partido, non ter ansiedade, na xornada 7 que iso nos impida xogar ben e levar a iniciativa. É certo que levamos un tempo sen gañar e o partido para nós é moi importante".
 
Nesta liña, subliña en que "levamos un partido gañado de seis. Agora xogamos en casa. Cada semana que pasa que non ganas a necesidade se fai máis grande". 
 
Do Sporting destaca que "é un bo equipo, como todos os de Primeira División. Deles veñen 4.000 a Riazor pero nós somos moitos máis. Xogamos en casa, co apoio a nosa afección. Mañá necesitarémola máis que nunca para tentar sumar o tres puntos".
 
Explicou a ausencia dun dos capitáns, Alex Bergantiños, da convocatoria, "no sitio onde mellor reforzado está o equipo. Temos a catro moi bos pivotes e agora é verdade que estou a apostar polos outros tres. Pero teño a máxima confianza en Álex, o seu comportamento é exemplar, adestra moi ben. Sabemos que cando o necesitemos vai render perfecto".