RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''Necesitamos un gran partido fóra de casa''

  Gaizka Garitano cre que mañana sábado 5 de novembro nos Cármenes de Granada (13.00 horas, Bein Sports), "hai que ser atrevidos, sólidos, e que se vexa un bo Dépor".

O técnico deportivista advirte que "así como en casa si podemos dicir que non tivemos gol, porque xeramos e merecemos facer máis goles, fóra de casa necesitamos crear. Tamén é verdade que xogamos en Barcelona, Atlético de Madrid, Vigo... "
 
Nesta liña, asegura Garitano que "necesitamos un gran partido, un bo partido fóra de casa. Logo xa o resultado depende de máis cousas".
 
Lembra o adestrador branquiazul que "os xogadores ofensivos do equipo non os tivemos ben ata fai dez días. Agora xa Marlos pode xogar, Ryan (Babel) pode xogar máis, Bruno pode xogar de continuo".
 
Ademais, subliña que "a medida que eles vaian facendo un partido bo, algún gol... O día que metes un gol, vésche un pouquiño arriba, atrévesche con máis cousas. De momento os goles metéronos defensas ou pivotes".
 
Do Granada, recalca Garitano que "os equipos de Lucas (Alcaraz) son difíciles de bater, con bos cimentos, tácticamente están ben".