RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: ''O fútbol está a ser moi cruel connosco''

O adestrador do RC Deportivo, Gaizka Garitano, lamentou o "cruel" que está a ser o fútbol co seu equipo, pois considera que "merecemos máis". O preparador do conxunto herculino analizou o encontro. "Fixemos un moi bo partido e atopamos ao final un gran rival, que por algo é campión de Europa. Ao final tivemos a pouca fortuna de que nos gañasen practicamente no último minuto. A verdade é que o fútbol está a ser moi cruel connosco porque creo que merecemos máis", comentou.
Preguntado sobre se sentía prexudicado pola arbitraxe, o técnico branquiazul preferiu non falar.
Sobre o cambio de Arribas por Juanfran, Garitano asegurou que "quixemos reforzar esa zona cun xogador máis defensivo, pero non quixemos meter máis xente atrás, seguimos xogando 4-2-3-1".
"O equipo fixo un gran esforzo, fixemos un gran partido contra un gran rival que é lóxico que se envorque e creche problemas", afirmou o técnico deportivista, que considerou "clave" recibir o primeiro gol xusto antes do descanso.
Jorge Sampaoli, técnico do Sevilla, considerou "merecido" o triunfo do seu equipo en Riazor, "unha cancha moi difícil".
"Atopámonos cun 1-0 e un 2-0. O 2-1 axudou moito para remontar na segunda parte, na que houbo un equipo que asoballou a outro ata o final", analizou o estratego arxentino.
"Sabiamos que gañar acá dábanos a posibilidade de seguir ilusionándonos coa posibilidade de seguir arriba na táboa", asegurou.
O adestrador sevillista tampouco quixo comentar a actuación arbitral, asegurando que "unhas veces che quitan e outras che dan".