RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano recoñece que ''nos faltou un pouquiño de agresividade ofensiva para facer ocasións''

  Gaizka Garitano comentó na sala de prensa do Estadio Gran Parque Central de Montevideo, tras o primeiro derbi desta tempada, que "ata o primeiro gol o partido estivo moi igualado, no que prácticamente non houbo ocasións n

A pesar da derrota, o técnico deportivista viu "cousas boas durante 60 minutos pero si que nos faltou un pouquiño de agresividade ofensiva para facer ocasións de gol. É verdade que o Celta tampouco tivo ocasións de gol. O golazo de falta marcou un pouquiño o partido".
 
Lembra Garitano que "estamos en fase de preparación, de traballo. Aínda nos falta sobre todo un pouquiño máis de agresividade ofensiva. 60, 70 minutos estivemos ben, o que pasa é que necesitamos facer tamén ocasións de gol. Enfronte había unha defensa boa, un equipo que non é fácil".
 
Insiste no que se trata agora, a estas alturas de pretemporada, é "de sumar minutos. Levamos 10 días de preparación. O único que temos que facer é ir sumando minutos. Non houbo lesións e é o positivo".