RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano: ''xogamos dous partidos contra rivais moi fortes, que nos vai a vir moi ben''

  Gaizka Garitano comenzó a rolda de prensa no Estadio Campeón do Século de Montevideo dando as grazas "por como nos tratou a xente en Montevideo. Foi un pracer pasar esta semana aquí. Moi hospitalaria a xente, moi a

Recalca que "seguimos o traballo, xogamos dous partidos contra rivais moi fortes, que nos vai a vir moi ben para seguir a nosa preparación".
 
Márchase ademais con moi boa opinión dos dous 'grandes' do fútbol uruguaio: "Onte estiven a ver a Nacional, que me gustou moito; e Peñarol é un moi bo equipo. Para nós son moi bos rivais para poder prepararnos para a liga nosa, que tamén é moi dura".
 
O partido de onte domingo no Estadio dos 'carboeiros', definiuno Garitano como "moi bonito, moi intenso. Veunos moi ben para prepararnos".
 
O Dépor disputou o choque, o último en Uruguai, con tres centrais. "Estamos a manexar dous sistemas. O outro día xa xogamos con tres, o primeiro partido de pretemporada. E hoxe optamos por este sistema. A verdade é que houbo intres moi bos de fútbol. Fixemos dous goles. Logo é lóxico cos cambios que o equipo se vai descompondo un pouquiño. Pero contento co partido que fixemos", apunta Garitano.