RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gerard cre que o Dépor "mereceu un marcador máis amplo" e Bicho promete pelexa "ata que poida" por quedar

Gerard e Bicho, que regresaba á Malata tras a súa cesión da temporada pasada, foron os protagonistas na zona mixta.

Así, o lateral deportivista viu ao equipo "bastante ben. Ao final merecemos un marcador máis amplo".

Comentou sobre a súa actuación que "tentei achegar sempre segundo as miñas características e aprender dos erros que podo cometer".

Asegurou estar xa totalmente recuperado das súas molestias na pata de ganso: "Foi unha bobada, unha pequena molestia. Estou ben". E, advirte, con "moitas ganas de que empece a liga".

Pola súa banda, Bicho recoñece que o de hoxe en Ferrol foi "un partido especial, bonito, por atoparme cos meus compañeiros. Moi contento".

Lembra que a campaña pasada, defendendo as cores racinguistas, "crecín moito cos meus compañeiros e con Tena, o adestrador, ao que lle debo moito".

En canto ao seu futuro, o canteirán deportivista dixo "estar por agora centrado no primeiro equipo. Ninguén me dixo nada. Aquí sigo, pelexando como ata agora e vou seguir ata que poida".