RCD / NOVAS

Gerard Valentín, novo xogador do Real Club Deportivo

12/07/2017 17:30

Gerard Valentín Sancho (Avinyonet de Puigventós, Girona, 20 de xullo de 1993) converteuse esta tarde en novo xogador do Real Club Deportivo para as próximas 4 temporadas, procedente do Club Gimnàstic de Tarragona.

O lateral dereito, formado nas categorías inferiores do Figueres FC, pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de amateur no Sevilla FC. En 2013, debutou en Segunda B nas filas da UE Olot que o traspasou ao Gimnàstic de Tarragona.

O xogador de Avinyonet de Puigventós destaca por ser un lateral cunha gran proxección ofensiva e un fantástico un contra un. Durante a pasada campaña xogou un total de 33 partidos e máis de 2.400 minutos (2.484 minutos) marcando 2 goles. Sumando as dúas últimas campañas, un total de 45 partidos e máis de 3.000 minutos.

Tras superar o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña, Gerard Valentín incorpórase xa mañá á pretemporada do equipo en Abegondo.

Máis novas de: GERARD VALENTIN