RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Germán Lux dous anos máis no Dépor

  Germán Lux (Carcarañá - Arxentina, 7-06-82) e o Deportivo asinaron hoxe o contrato que amplíá vinculación do gardameta co Deportivo. O internacional arxentino, campeón olímpico co seu selecci

Lux chegou ao Dépor no verán de 2011, procedente do Real Mallorca. Esa tempada, con José Luís Oltra no banco, foi suplente de Daniel Aranzubia en Liga e titular na Copa do Rei. Iso si, tivo tamén destacadas actuacións nos partidos que xogou no campionato ligueiro, no que o equipo bateu marcas de puntuación e partidos gañados.
 
Alternou a portaría con Aranzubia en Primeira División á tempada seguinte (2012-13) e foi titular esta pasada campaña (2013-14) xa con Fabricio como compañeiro de demarcación, logrando de novo o ascenso a Primeira División, o segundo na súa traxectoria como deportivista.