RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Goleada ao Madrid (5-1)... dos veteranos

Os coruñeses estaban pendentes do desenlace da VIII Edición do Trofeo Conde de Fenosa. O partido entre o Celta e o Galicia de Caracas polo terceiro e cuarto posto finalizou cun 2-0 favorable aos vigueses, e os deportivistas preparábanse intensamente para

O ensino daquel choque foi demostrar o que fose o Deportivo se non deixase marchar ás perlas da súa canteira, como de forma recorrente facía naqueles anos da “longa noite de pedra”.

Gañaron os do Deportivo aos de Madrid (5-1)
SEIS GOLES NO PARTIDO DE VETERANOS

Despois de ver a dobre xornada futbolística de onte, hai que pensar que os afeccionados que acudiron ao estadio –como nos dous días precedentes, moi poucos-, o foron máis por ver en acción aos veteranos do Deportivo e do Madrid, que por presenciar o Celta – Deportivo Galicia, para o terceiro e cuarto postos do “Conde de Fenosa”. E a verdade é que polo menos pola profusión de goles, como por algunhas vistosas xogadas, que fixeron lembrar tempos pasado e brillantes, o público pasouno mellor neste primeiro partido de veteranos.

Gañaron os que algún día chegaron a vestir a camiseta do Deportivo (...). A superioridade foi tal que quedou ben reflectida no tenteo final: 5-1. pronto os coruñeses habían de patentizar o seu dominio, máis mocidade e mellor forma física. Así, ao cinco minutos, Suárez batía por vez primeira a Sanromán. Ao nove, Beci “pinzaba” o esférico e lograba un belo gol. Aos 16, Chapela II establecía o 3-0, e aos 32, Torres, recreándose na xogada, elaboraba o cuarto, finalizando o primeiro tempo cun rotundo 4-0.

Poucos cambios ao comezar o segundo tempo –máis por falta de elementos dispoñibles que por ganas de ser substituídos algúns xogadores-, e a pouco de inicialo Canario lograba bater a Moncho, conseguindo o que chegou a ser tanto da honra. Pouco despois, Beci conseguiría o quinto e definitivo para os coruñeses.

Como queda apuntado máis arriba, o encontro foi interesante, con felices intevenciones de case todos os xogadores, alternándose as pinceladas mestras das figuras cos fallos lóxicos da “falta de partidos”. Ademais dos goles, que foron moitos para estes tempos de restricións, houbo varios vice-goles, ou balóns nos paus (...).

Un ensino tivo este encontro. Foi ver o que podía ter o Deportivo se lograse manter no club a todos os xogadores que saen da canteira. A pesar da idade, máis dun aínda tería sitio nun equipo con moita mocidade. E nada digamos, se os que vestiron onte a camiseta branquiazul tivesen menos de trinta anos.