Goleador inicio de 2023 para o Orzán SD Cadete B Feminino na Segunda Autonómica
O Orzán SD Cadete B Feminino protagonizou un goleador arranque do ano 2023 no campo oleirense da Marola ante o CD Obrero (0-9).
Dunia Milhem -4-, Yanis Citoula -3-, Alba Monteserín e Sofía Milhem foron as goleadoras orzanistas neste encontro correspondente á 11ª xornada no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.
Con este marcador, o equipo que dirixe Enrique M. Solla lidera o subgrupo con 33 puntos, con 5 puntos de vantaxe sobre o Atlético San Pedro, 2º con 28 puntos.
Orzán SD Cadete B Feminino: Sofía Carregal, Eva Rama, Tania Taboada, Sila Santiso, Dunia Dahmouni, Carmen Traba, Alba Monteserín, Yanis Citoula, Nerea Gamallo, Yasmin Dahmouni e Noa Cardeñoso. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Noela González, Sofía Milhem e Irene Míguez.
A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete B Feminino recibe na Coruña ao Cultural Maniños.
Os resultados do Orzán SD Cadete B Feminino en liga son os seguintes:
Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Nerea Gamallo e Paula Martínez) - Eirís SD 0 Torre SD 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 10 (Dunia Dahmouni -3-, Triana Sánchez -3-, Yanis Citoula -2- e Sofía Milhem -2-) Orzán SD Cadete B Feminino 4 (Dunia Dahmouni -2-, Yanis Citoula e Alba Monteserín) - Atlético San Pedro 1 CCRD Perlío 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Noa Cardeñoso e Alba Monteserín) Orzán SD Cadete B Feminino 1 (Carmen Traba) - Discalzas SD 0 Galicia Caranza 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Irene Míguez e Noa Cardeñoso) Unión Campestre FC 1 - Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Dunia Dahmouni, Lucía González e Yanis Citoula) Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Sofía Milhem -2- e Dunia Dahmouni) - Silva SD 1 Atlético Castros 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 8 (Dunia Dahmouni -4-, Yanis Citoula -2-, Noa Cardeñoso e Carmen Traba) Orzán SD Cadete B Feminino 6 (Dunia Dahmouni -3-, Nerea Gamallo -2- e Paula Martínez) - SD O Val B 0 CD Obrero 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 9 (Dunia Milhem -4-, Yanis Citoula -3-, Alba Monteserrín e Sofía Milhem)