O Deportivo ABANCA deu un golpe á liga ao imporse no campo Díaz Veiga ao Oviedo Moderno (0-1), o seu gran rival polo título, grazas a un gol de Peke á media hora de xogo.
O choque entre dous aspirantes á medalla de ouro foi intenso, sen un dominador claro. Iso si, as mellores e contadas oportunidades do encontro foron no seu maior parte para o Deportivo ABANCA.
Con este resultado na 10ª xornada, o equipo deportivista recupera o liderado do grupo 1º da Segunda División Nacional. Suma 28 puntos por 27 agora o equipo ovetense. Ademais, de cara ao golaverage particular entre os dous equipos, o Deportivo ABANCA cobra tamén vantaxe, dado que só o campión poderá disputar a Fase de Ascenso á liga Iberdrola.
Deportivo ABANCA: Malena, Miriam, Laura, Patri, Cris, Teresa, Kika, Iris, Peke, Gaby e Lía. Tamén xogaron: Oreiro, Nuria, Sara e Silvia Mérida.
A próxima fin de semana, o Sporting de Gijón visitará Ponte dos Brozos (Arteixo).
Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke) Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1 Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1 Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-) Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0 CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-) Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0 CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke) Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0 Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)