RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Golpe na mesa do Cadete B co seu espectacular triunfo sobre a SD Compostela en Santiago

O Cadete B deu un golpe á liga co seu espectacular triunfo (3-5) en Santiago ante a SD Compostela, segundo clasificado no grupo norte da Liga Galega.

Sierra, Matos -2-, Mella e Iván foron os goleadores deste partido correspondente á 12ª xornada repleto de alternativas no marcador e que decidiu a maior pegada branquiazul.

Con este resultado, o Cadete B é líder destacado con 34 puntos, agora con 6 puntos de vantaxe sobre a SD Compostela, que queda con 28.

Cadete B: Manu, Alexis, Monteagudo, Mato, Xosé, Seydiba, Sierra, Marco Baña, Matos, Mella e Iván. Tamén xogaron: Mardones, Marcote, Andón e Lombao.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Galicia Caranza.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)