RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Golpe na mesa do Infantil A, que tomba ao aspirante Bertamiráns FC

O Infantil A deu un golpe na mesa no partido correspondente á 9ª xornada no grupo norte da Liga Galega ao impoñerse (2-0) ao Bertamiráns FC, o seu gran rival polo título ligueiro.

Os dous equipos chegaban na táboa igualados a 24 puntos de 24 posibles, pero 2 tantos de Jorge García ao principio e ao final do segundo tempo supuxeron os 3 puntos para os branquiazuis, líderes agora en solitario con 27 puntos.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Pablo Parada, Ayana, Juan Barros, Oreiro e Jorge García. Tamén xogaron: Hugo Torres, Samuel, Memet e Diego Miranda.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao Sálvora CF.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0