RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Gran festa en Riazor no Trofeo Juan Acuña, que foi finalmente para os Veteranos do Deportivo

O Estadio de Riazor viviu unha das súas grandes noites coa disputa delTrofeo Juan Acuña. Ata Pontes Leira, o colexiado galego do partido, nopudo reprimir as súas bágoas. Os veteranos do Deportivo, Amancio Amaro,Djalminha, Naybet, Bonnissel, Hélder, Turu F

O día arrincou cunha misa na Colexiata a cargo do Pai Rafael Taboada, co Presidente Lendoiro e o Presidente da liga de Fútbol Profesional, José Luís Astiazarán, en primeira fila.
A continuación, o xantar no Hotel Hesperia Finisterre congregou a case 500 persoas entre empregados do Club, futbolistas e ex futbolistas, representantes de empresas colaboradoras co Deportivo, como o Director Xeral de Caixa Galicia, ex directivos e representantes de clubs de Primeira División, como Iribar do Athletic Club. Augusto César Lendoiro, Presidente do Club, entregou nas sobremesas unha camiseta oficial a Pancho Dans, o ex directivo que cumprirá proximamente 104 anos, a Rodrigo García Vizoso, ex xogador a piques de chegar aos 97 anos e a Pedro Sanjurjo de Carricarte Morodo, o socio número uno do Club, con 66 anos ás súas costas como abonado.
Pola tarde, e xa cos arredores do Estadio de Riazor abarrotados de afeccionados con camisetas brancas e azuis, realizouse unha ofrenda floral a tres mitos do deportivismo: Juan Acuña, Luís Otero e Chacho.
Xa no Estadio, as categorías inferiores fixeron o corredor aos dous equipos, que pousaron xuntos no círculo central nunha foto que pasará a formar parte xa da historia do deportivismo.