RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gran oferta de alimentación e de lecer mañá no XV Torneo Real Club Deportivo

O XV Torneo Real Club Deportivo, que se disputará mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, contará cunha ampla oferta de lecer e restauración para que aos asistentes non lles falte de nada durante a disputa dos partidos, que se alargará por espazo de 12 horas, entre as 9:00 e as 21:00 horas.

Debido a que se espera que polas instalacións do RC Deportivo pasen ao longo do día unhas 10.000 persoas, os asistentes terán á súa disposición unha zona de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo. Nela poderán gozar de todo tipo de comidas e de diversos xogos.

Para almorzar, comer, merendar ou cear, os asistentes terán á súa disposición oito 'foodtrucks', nos que se poderán adquirir todo tipo de comidas e bebidas.

Os restauradores que estarán na Cidade Deportiva de Abegondo a disposición dos asistentes son os seguintes: HELADOS LA IBI, TOLOACHE - Chicken factory, CHURRERÍA PATRY - Churros, GALE TRUCK - Hamburguesas, LUCUS FOOD BUS - Hamburguesas, DELAPICCOLA - Pizzas artesanais ao forno, PATA CELTA - Porco celta e LLE BOISSON - Coctelería.

Nunha soa carpa, á entrada do terreo de herba artificial, centralizarase a venda de todo tipo de bebidas, pois os 'foodtrucks' unicamente servirán comida.

Ademais da oferta gastronómica, a organización porá bebidas isotónicas, refrescos e auga a disposición dos case 3.000 nenos participantes no torneo, que poderán tamén gozar de inchables e outras actividades de lecer no campo habilitado.

MENÚS XV TORNEO RC DEPORTIVO

ZONA LECER XV TORNEO RC DEPORTIVO

BASES XV TORNEO RC DEPORTIVO

HORARIOS CATEGORÍA PREBENJAMÍN XV TORNEO RC DEPORTIVO

HORARIOS CATEGORÍA BENXAMÍN XV TORNEO RC DEPORTIVO