RCD / NOVAS

Gran triunfo do Deportivo Feminino A que lle aúpa ao liderado

  O Deportivo Feminino A deu un golpe de efecto ao vencer á Ave Fenix Racing (1-4), ata hoxe líder, e situarse así na primeira posición do grupo 1º da Segunda División Nacional con 10 puntos, os mesmos que o Oviedo Moderno.

02/10/2016 16:26

O partido na localidade cántabra de Tanos foi igualado e moi disputado. Só nos minutos finais o conxunto deportivista abriu brecha no marcador, con dous tantos no minuto 89 e o 90. Estefi, Ari, Eva e Nuria foron as goleadoras branquiazuis.
 
Deportivo Feminino A: Malena, Raquel, Miriam, Carmela, Cris, Tere, Ari, María Curral, Nuria, Estefi e Lea. Tamén xogaron: Anita, Faragulla, Gere, Eva e Noe.
 
O próximo fin de semana, o Deportivo Feminino A visita ao CD Monte, pechacancelas da liga.
 
Os resultados do Deportivo Feminino A son os seguintes:
 
Deportivo Feminino A 0 - Oviedo Moderno CF 0
Sporting de Xixón 2 - Deportivo Feminino A 4 (Elvira, Raquel, Nuria e Tami)
Deportivo Feminino A 11 (Estefi -5-, Carmela, Miriam, Ari -2- e Nuria -2-) - Vitoria  0
Ave Fenix Racing 1 - Deportivo Feminino A 4 (Estefi, Ari, Eva e Nuria)