RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme: "Agradezo ao Dépor a súa confianza e espero dar o mellor, para que ambos esteamos felices"

Guilherme pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo, despois de "un adestramento moi duro, con balón e logo traballo físico. Vale a pena. Agora temos a tarde libre, mañá tamén. Agora a descansar", segundo explica.

A nivel particular admite estar "moi feliz ao fichar polo Dépor. O meu pensamento é facelo o mellor posible para que podamos facer un bo campionato".

Viviu a súa fichaxe polo Dépor para as próximas catro temporadas "en Brasil. O meu axente chamoume e díxome que estaba todo ben. Eu estaba feliz porque cando cheguei aquí (a temporada pasada), falei de que quería seguir aquí". 

Iso si, recoñece que viviu ese tempo de espera tamén con preocupación: "Non sabía se viña para aquí ou regresaba para Udinese. Ao final grazas a Deus saíu todo ben. Foi o obxectivo que tiña na cabeza e conseguín cumprir. Agradezo ao Dépor a súa confianza e espero dar o mellor para o Club para que os dous lados esteamos felices".

Admite por conseguinte "ter responsabilidade de facerme mellor. Vou tentar facelo o mellor para o Club. Cando vin estaba preocupado de tentar facerme mellor para quedar. Agora que xa teño contrato estou máis tranquilo, para xogar con máis responsabilidade. Pensar en facelo mellor que a temporada pasada", engade.

Á afección, Guilherme, un dos futbolistas máis destacados do equipo na campaña 2016-17, promételle "o da temporada pasada, entrega polo equipo, e facer mellores partidos".

Nesta liña, espera o mediocentro brasileiro unha sesión "mellor que a pasada. Temos bos xogadores para facer iso. A temporada pasada tamén o tiñamos e non o conseguimos. Temos que ter confianza para estar no lado tranquilo da táboa. Ese é o noso obxectivo".

Non lle asusta a competencia na súa posición, ao revés, cre Guilherme que "o obxectivo é o grupo, non as individualidades. Espero que o que xogue faga o mellor para o Club".