RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme asegura tras a vitoria ante o Alavés "agora estamos con confianza"

Guilherme foi hoxe venres 22 de setembro o protagonista na sala de prensa de Abegondo.

Tras o triunfo do pasado mércores no Estadio ABANCA-RIAZOR, o centrocampista brasileiro cre que os futbolistas branquiazuis "estamos agora máis confiados para xogar contra o Espanyol. Sabemos que vai ser un partido moi difícil, un rival duro. Esperamos saír co tres puntos".

Espera este domingo 24 de setembro en el RCDE Stadium (12:00 horas, Bein LaLiga) un "Espanyol difícil. Máis por non facer tantos puntos como eles esperaban. Van saír moi fortes".

Pide puntuar en Barcelona: "É importante os tres puntos pero é máis importante puntuar e non sufrir gol. Sabemos que o podemos facer".

Neste sentido, reiterou que "imos ir con máis confianza. Se perdésemos contra o Alavés seguro que sería máis difícil. Agora imos máis confiados, máis preparados. Estamos a crer que podemos máis".

Recoñeceu que ao finalizar o choque ante o conxunto vitoriano, "sentimos un pouco de alivio, un pouco de satisfacción polo traballo que vimos facendo. Foi un dos mellores partidos que fixemos neste comezo de liga".

Deste último partido, apunta Guilherme que "durante o primeiro tempo non fixemos un gran xogo. Despois do gol, tocamos a pelota, creamos máis xogadas, tivemos máis oportunidades. Faltaba a confianza".

Recalcou que é importante "non encaixar gol. Fomos máis intensos. Eles non tiveron moitas oportunidades de gol claras. Estamos a mellorar aos poucos".

Está convencido que tras este primeiro triunfo ligueiro, "de aquí para o futuro as cousas van cambiar. Imos xogar cada vez mellor e a tentar facelo o mellor sempre".

Neste sentido, lembrou as súas declaracións pasadas nas que afirmaba que o Dépor ten equipo para estar "entre o oitavo e o decimosegundo posto. É a miña opinión polo equipo que hai. Imos traballar para iso. Teño fe que o imos a conseguir".

Preguntado por Fede Valverde, subliñou que "é un fenómeno. É un xogador moi importante. Vainos a axudar moito durante a temporada. Espero que xogue cada vez mellor".

A nivel persoal, confesa estar "ben, cada vez mellor. Non fixen partidos moi bos. Creo que irei mellorando. Estou ben fisicamente, con máis confianza despois do partido do Alavés. Espero facelo cada vez mellor".