RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme pide "un pouco máis de atención" nos partidos fóra de casa

Guilherme foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. 
Confesou estar "feliz" pola clasificación para a Copa do Mundo de Celso Borges e Fede Valverde, "e Fabian (Schär) creo que vai polo mesmo camiño. Canto máis xente mellor".

O mediocentro deportivista destaca do Eibar, rival do Dépor este domingo 15 de outubro en Ipurúa (12:00 horas, Bein LaLiga), "a forza que ten no seu campo. Sabemos que é difícil, un campo pequeno. Temos que competir e dar o máximo. É un partido difícil pero somos conscientes que podemos traer a vitoria".

Con Pedro Mosquera máis preto de regresar, Guilherme non teme o aumento da competencia no centro do campo deportivista e, ao contrario, apunta que "volve para sumar, nos adestramentos, nos partidos".

A xuízo do futbolista brasileiro, "temos que demostrar que podemos", empezando polo domingo ante o Eibar. 

A nivel persoal, lembra que "o tres ou catro primeiras xornadas non fun Guilherme. Cada vez estoume atopando mellor. O adestrador deume a oportunidade de xogar todos os partidos. Traballo para iso. Agora vou tentar facer sempre o mellor".

Nesta liña, advirte que un futbolista "sempre ten que pensar en dar máis. Empecei non moi ben. Fun mellorando, adestrando, cada vez mellor fisicamente. Atópome moi ben. Agora a gozar e tentar facelo mellor sempre".

Preguntado sobre os malos números do Dépor lonxe do Estadio ABANCA-RIAZOR, asegura Guilherme que "non podemos aceptar isto. É unha situación difícil para nós. Non pode suceder. Un equipo de Primeira División non pode deixar pasar iso. Estamos a traballar para xogar fose e facer puntos".

Precisamente para mellorar fóra de casa, pide Guilherme "un pouco máis de atención, tentar no primeiro pase non sufrir gol. Temos do mediocampo cara arriba xogadores de calidade. Podemos facer gol en calquera momento. Hai moi boas individualidades. O pensamento é tentar non recibir gol, e seguramente imos marcar nós".