RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme: "Quero continuar aquí e espero que o Deportivo me compre"

Guilherme, un dos futbolistas máis en forma do Dépor, expresou esta mañá na sala de prensa da cidade deportiva de Abegondo o seu firme desexo de continuar a próxima temporada na Coruña. "Quero continuar aquí e espero que o Deportivo me compre", afirmou o mediocentro brasileiro.

Nesta liña, recalcou que "cando cheguei xa sabía (o Udinese) o meu desexo de quedarme aquí. Espero que dalgunha maneira poida seguir".

Sobre a traxectoria do Deportivo neste tramo ligueiro, confesou estar "máis contento coa mellora do equipo, que é moi bo. E individual tamén. Grazas a Deus estou a poder facer a miña parte e podendo axudar ao equipo".

Chega agora a Copa do Rei, a volta de oitavos de final, este mércores 11 de xaneiro en Vitoria ante o Alavés (19:00 horas, Bein Sports): "Necesitamos marcar. Imos xogar do mesmo xeito que vimos facendo, forte. Pero sabemos que temos que marcar para pasar á seguinte eliminatoria".

Cre sobre o choque en Mendizorroza que o Alavés "é un equipo que espera para xogar ao contraataque. Ten moi bos xogadores en ataque e velocidade para poder sorprender". Descoñece como afrontará o equipo de Mauricio Pellegrino o partido porque o marcador da ida disputada en Riazor favorécelles, pero asegura que o Deportivo vai saír a xogar "como vimos xogando, atacando e defendendo moi forte".