RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guinea Bisáu, co debut do fabrilista Iano Simão, igualou sen goles ante Sudán

- Foto: @ffgbissau -

Iano Simão da Silva Imbeni está concentrado coa súa selección, Guinea Bisáu, para dous partidos clasificatorios para o próximo Mundial de Qatar 2022.

A segunda cita nesta data FIFA para o atacante fabrilista co seu combinado nacional foi en Bisáu, capital de Guinea Bisáu, fronte a Sudán hoxe luns 15 de novembro. Houbo empate sen goles (0-0) e o dianteiro do Fabril saltou ao terreo de xogo no tempo engadido en lugar de Jorginho, debutando así como internacional absoluto.

O primeiro dos encontros disputouse o pasado venres fronte á República de Guinea en Conakri, a súa capital. O partido tamén acabou sen goles (0-0) e sen minutos de xogo para Iano Simão.

Con este resultado, Guinea Bisáu é segunda do grupo I de África con 6 puntos, moi afastada do líder, Marrocos, que ten 15 puntos e un partido menos. Só o primeiro de cada grupo pasa á seguinte fase de clasificación, polo que os marroquís xa avanzaron rolda e Guinea Bisáu unicamente pelexa pola segunda posición do grupo, xa que é a última das seis xornadas desta segunda fase clasificatoria en África. Guinea Conakri, terceiro con 4 puntos, visita mañá precisamente a Marrocos e podería alcanzar esa segunda praza, aínda que para iso debe de gañar.

Iano Simão regresa mañá á Coruña para poñerse de novo a disposición de Óscar Gilsanz no Fabril.