RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Gústame o Dépor pola súa historia, o adestrador, o equipo", di Bakkali

Zakaria Bakkali (Lieja, Bélxica, 26 de xaneiro de 1996) superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña, e xa é novo xogador do Deportivo 2017-2018, cedido polo Valencia CF.

Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, o internacional belga, que se esforzou por falar en español, mostrouse "moi contento de estar aquí, neste equipo, un gran equipo. A afección está moi ben, todo está moi ben".

Reiterou que ao aparecer a oferta do Dépor, tivo claro que sería a súa primeira opción: "Gústame moito este equipo. Estou moi contento". Explica a continuación as razóns: "Pola súa historia, o adestrador, gústame o equipo", responde.

De feito, advertiu ter "catro ou cinco opcións antes que o Dépor. Pero gústame o Club", do que "Fede Cartabia fálame marabillas".

A pesar de ter á selección belga no horizonte, nunha temporada ademais de Mundial, Bakkali foi rotundo: "Primeiro o meu equipo. Logo a selección".

Promete ao deportivismo "asistencias e goles". Defínese como un futbolista ao que lle "gusta o un contra un. Son moi rápido". Ademais subliña que pode xogar tanto en banda dereita como na esquerda.

Chega a Riazor co firme desexo de "xogar un pouco máis que en Valencia". E espera esta campaña poder "facer todo para competir. Temos bo equipo".