RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Haris Medunjanin entrega esta tarde os trofeos do 'Mundialito Popular de fútbol sete'

O xogador bosníaco Haris Medunjanin representará ao Real Club Deportivo na entrega de trofeos da primeira edición do "Mundialito Todos Somos Coruña" de fútbol sete.

A competición, que se celebra no campo coruñés da Grela 2 desde as 16.00 horas de hoxe domingo, reúne a cidadáns da Coruña procedentes de Brasil, Colombia, España, Nixeria, Perú, Senegal, Uruguai e Venezuela.

O campionato é de carácter intercultural e solidario, posto que está previsto unha recollida de alimentos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos.