'Hat trick' de Vermello no triunfo do Xuvenil B sobre o Racing de Ferrol
O dianteiro Vermello foi o protagonista da vitoria en Abegondo do Xuvenil B (4-1) sobre o Racing de Ferrol ao anotar un 'hat trick'. Jorge completou o marcador para os deportivistas, que fixo xustiza aos méritos duns e outros. Con este resultado, o Xuvenil B é segundo na táboa da liga Nacional con 28 puntos, a 6 do líder, o Celta B.
Xuvenil B: Ricardo, Valín, Oski, Jorge, Celeiro, Antón, Loren, Armas, Rivera, César e Vermello. Tamén xogaron: Íñigo, Diego, Álvaro e Muri.
O próximo fin de semana, o Xuvenil B visitará ao Compostela.
Os resultados do Xuvenil B de Pablo López ata a data son estes:
Lugo 2 - Xuvenil B 2 (Celeiro e Vermello) Xuvenil B 4 (Rivera -2-, Vermello e Kilian) - Barbadás 1 Vitoria 1 - Xuvenil B 0 Xuvenil B 2 (Vermello e Muri) - Santa Mariña 2 Xuvenil B 4 (Armas -2-, Valín e Vermello) - Racing Vilalbés 1 Choco 1 - Xuvenil B 2 (Loren e Valín) Xuvenil B 2 (Kilian e Vermello) - Calasanz 0 Coruxo 3 - Xuvenil B 3 (Loren -2- e Antón) Xuvenil B 7 (Rivera -3-, Loren, Armas, Vermello e Antón) - Calasancio 2 Conxo 0 - Xuvenil B 4 (Loren, Antón, Kilian e Muri) Xuvenil B 5 (Armas -2-, Rivera, Íñigo e Vermello) - Ourense 0 Arousa 2 - Xuvenil B 2 (Rivera -2-) Xuvenil B 4 (Vermello -3- e Jorge) - Racing de Ferrol 1