RCD / NOVAS

Héctor Berenguel presentado como xogador Deportivista

O presidente deportivista Augusto César Lendoiro acaba de anunciar o primeiro reforzo para o persoal do Deportivo 2001-2002. Trátase de Héctor Berenguel, un defensa que pode xogar tanto de lateral dereito como de central e que provén do Sevilla F.C.

21/06/2001 13:45

O xogador de 26 anos asinou por 4 anos e a súa cláusula de rescisión é de 10.000.000 millóns de pestas. Héctor chegará o vindeiro domingo a Coruña para pasar recoñecemento médico o Luns e ser presentado oficialmente.

Esta tempada xogou 34 partidos co Sevilla, contabilizando 20 vitorias, 6 derrotas e 8 empates. Ademais marcou 5 goles, e foi amoestado con 7 cartóns amarelos, unha vermella directa e nunha ocasión fué expulsado por dobre amarela.

Héctor Berenguel do Piñeiro naceu en Almería o 11/10/1974. Comezou a súa traxectoria profesional no Polideportivo Almería onde militou 3 tempadas (92-95), de aí ao Elxe outras 3 (95-98) para posteriormente dar o salto ao Sevilla por 2 anos (98-01). O xogador mide 1'82 m e ten un peso aproximado de 80 Kg.

Máis novas de: HÉCTOR

RCD / Noticias Relacionadas

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

07/12/2004 13:39 |

Héctor:
"Quero gañar pola nosa afección"

O lateral andaluz Héctor perfílase como titular na banda dereita do Deportivo. El quere "gañar ao Mónaco pola nosa afección" e, así mesmo, indicou que de non ser o Dépor, "dáme igual quen pase á seguinte fase". Respecto dos fallos que o equipo está a ter en defensa, Héctor di que "o que xoga decídeo o adestrador e eu non son quen de dicir se debo de xogar ou non".

18/11/2004 20:22 |

Héctor renovou o seu contrato dúas tempadas máis

Héctor Berenguel pasouse hoxe pola tarde para selar a súa continuidade dúas tempadas máis -ata xuño de 2007- no Deportivo. Este "segredo a voces", tal e como o cualificou Augusto César Lendoiro, "debeuse sobre todo á boa vontade e o bo facer tanto de Héctor como do seu axente, Sánchez Sabater". O Presidente deportivista agradeceu o traballo de Héctor desde a súa chegada ao club procedente do Sevilla e sobre todo "non crear problemas nos momentos duros".