RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Héctor destaca "o bo ambiente, o bo roio" no vestiario e advirte que "isto é o que nos axuda a gañar partidos"

Héctor Hernández pasouse pola zona mixta do Estadio Reina Sofía, a pé de autocar literalmente.

O lateral deportivista foi ao autor de, sen dúbida, un dos mellores goles da xornada en Segunda División B que valeu ademais para sumar tres importantes puntos.

Conta que esa acción que decidiu o partido no primeiro minuto de xogo "disparei a porta con todo. Tiven a sorte de que entrou entre o tres paus. Á parte diso quédome co resultado, co traballo do equipo e coa vitoria. Iso creo que é o importante nestes campos: sacar o positivo e a pensar xa no próximo partido".

No Día de Defuntos, e acompañado por sorpresa Héctor na súa comparecencia ante os medios por un futbolista branquiazul disfrazado de 'a morte', destaca que "o que podedes ver é o que reina no vestiario, o bo ambiente, o bo roio. E isto é o que nos axuda a gañar partidos, a sumar de tres en tres".

Non quixo comparar este campo co de ABANCA-RIAZOR "porque as comparacións van ser... Entón sabemos que temos que vir aquí. Vimos, fixemos o traballo, gañamos. Ímonos co traballo ben feito e co tres puntos no peto".