RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Héctor, Juergen Elitim e Alberto incorpóranse ao grupo no arranque da segunda semana de pretemporada

Héctor Hernández, o meta Alberto e Juergen Elitim, que chegou á Coruña durante a fin de semana, incorporáronse esta mañá en Abegondo ao traballo de grupo no arranque da segunda semana de pretemporada do Deportivo.

Tralo pertinente almorzo no comedor da Cidade Deportiva e un circuíto físico preventivo coordinado polo preparador físico Luis Fandiño, Borja Jiménez dispuxo unha tarefa de posesión e un exercicio analítico físico para un dos grupos. A sesión matinal concluíu cun traballo táctico. O adestrador deportivista empeza a debuxar ao novo Dépor.

Rolan e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF, á espera de disputar o seu terceiro partido ante Xamaica mañá martes. Os dous futbolistas con adestramento específico hoxe foron Pablo Brea e Uche, que iniciou a pretemporada. Ambos exercitáronse no ximnasio ás ordes do readaptador do primeiro equipo Álex Canosa.

Pola súa banda, Valín e Josep Calavera permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Yeremay, Trilli, Brais Suárez, Noel, Guille Bueno e Hugo Ríos son a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Jaime Sánchez estréase co Dépor na sesión vespertina de hoxe luns

Jaime Sánchez estreouse esta tarde en Abegondo na segunda sesión de traballo prevista para hoxe luns.

O defensor andaluz, tras formalizar o seu contrato para esta temporada co Deportivo, foi un máis no terreo de xogo nun adestramento fundamentalmente táctico desenvolvido no campo 5 da Cidade Deportiva.

Borja Jiménez, a cinco días do primeiro amigable desta pretemporada, o sábado 24 en Vilalba ante o Racing Villalbés (19:00 horas), comezou a perfilar automatismos de ataque e defensa. Un partido de área a área puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Rolan, Fede Cartabia e Uche tiveron permiso esta tarde; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF, á espera de disputar o seu terceiro partido ante Xamaica mañá martes. Así pois, o único futbolista con adestramento específico foi Pablo Brea.

Pola súa banda, Valín e Josep Calavera permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

A representación de #ANOSACANTEIRA na sesión matinal repetiu pola tarde.

Mañá martes haberá un único adestramento, a partir das 10:30 en Abegondo.