RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Héctor: o cartón vermello a Sergio é desproporcionada

Héctor, titular no partido de Copa do Rei ante o Cerceda, compareceu esta mañá ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. -Que tal onte no teu debut? -Moi ben. Creo que sacamos o partido adiante e iso é o máis importante.

-Despois de xogar onte, e dada a proximidade do partido do Liverpool, crees que poderás ter continuidade?
-A verdade é que sempre que vou convocado vou coa esperanza de xogar. E este domingo, se entro na lista, non será unha excepción.
-Na xogada de Sergio que acabou na súa expulsión, fuches o primeiro en chegar alí. Que che pareceu o desenlace da acción, con cartón vermello para o deportivista e para o futbolista do Cerceda?
-Eu creo que é desproporcionado. Poderíase arranxar perfectamente cunha amarela para os dous.
-Pode incidir o partido do Liverpool no domingo?
-Non. O Albacete vainos a pór as cousas complicadas e temos que estar centrados ao cento por cento en gañar o partido. Logo xa virá o Liverpool.
-E a túa renovación?
-Deste tema non podo dicir nada porque de momento non se nada.