RCD / NOVAS

Hélder descansou no triunfo de Portugal sobre Arxentina

Portugal, co deportivista Hélder Postiga entre os convocados, disputó onte á noite o último partido neste parón ligueiro. Foi un amigable no estadio de Old Trafford de Manchester ante Arxentina.

19/11/2014 09:26

Houbo triunfo luso (1-0) cun gol de Raphael Guerreiro no desconto. Hélder Postiga arrincou de suplente e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O pasado venres, a selección lusa, con Hélder no once titular, venceu (1-0) no Estadio do Algarve a Armenia, en partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016. O ariete deportivista disputou os primeiros 56 minutos, e foi substituído por Éder.

Hélder regresa hoxe mércores á Coruña e adestrarase o xoves en Abegondo co resto do equipo.

Medunjanin, titular en Bosnia no partido fronte a Israel

Haris Medunjanin foi titular na súa selección, Bosnia Herzegovina, no partido no estadio "Sammy Ofer" de Haifa ante Israel (3-0), o domingo 16 de novembro, clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.

O centrocampista branquiazul xogou 90 minutos e tivo que traballar de xeito abondo, posto que Bosnia quedou con 10 futbolistas no minuto 48 por expulsión de Sunjic.

Onte martes, Medunjanin reincorporouse aos adestramentos en Abegondo. Para el houbo sesión de recuperación tras o esforzo do encontro e a súa longa viaxe de regreso desde Haifa.
 

Máis novas de: MEDUNJANIN, HÉLDER POSTIGA

RCD / Noticias Relacionadas