RCD / NOVAS

Homenaxe da Peña Deportivista de Vilalba a Álex Bergantiños

26/09/2020 14:45

Álex Bergantiños recibiu esta mañá na Magdalena o agarimo da Peña Deportivista de Vilalba, a decana das agrupacións branquiazuis.

O capitán do Dépor, un dos futbolistas máis queridos polo deportivismo, recolleu o premio O Bo que cada verán entrega a citada agrupación peñista.

O acto, moi breve, tivo lugar nos prolegómenos do amigable entre o Racing Villalbés e o Deportivo, primeiro da pretemporada para o conxunto de Fernando Vázquez.

Álex Bergantiños recolleu o bonito trofeo ante a presenza do presidente da peña vilalbesa, Francisco Roca.

Riki, Luisinho, Aranzubia, Manuel Pablo, Mauro Silva, Donato, Naybet ou Fran foron algúns dos futbolistas que xa foron no seu día galardoados en Vilalba.

Máis novas de: ÁLEX