RCD / NOVAS

Horarios definidos para o triangular en Pasarón

10/07/2019 18:30

O Pontevedra CF fixo públicos hoxe os horarios do triangular que se disputará no Estadio de Pasarón o vindeiro mércores 31 de xullo entre o equipo granate, o Tenerife CF e o Dépor.

20:00 h. Pontevedra-Tenerife
21:00 h. Dépor-Tenerife
22:00 h. Pontevedra-Dépor

Por tanto, as datas e horarios pechados polo momento no calendario de traballo do Dépor son:

Luns 15 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, inicio de adestramentos
Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo-Fabril
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), 21:00 h. Deportivo-Tenerife; 22:00 h. Pontevedra-Deportivo
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina